Capa d'O Home Inédito de Carlos G. Meixide

O home inédito

Carlos G. Meixide

O home inédito, agora tamén en papel

Un acordo de colaboración entre A Rotonda e Rinoceronte Editora fixo posíbel a tan solicitada edición en papel d'O Home Inédito, primeira novela de Carlos G. Meixide e tamén a primeira en galego editada baixo unha licenza Creative Commons.

Tanto se fuches un dos 1.500 lectores que deixaron os ollos na pantalla para ler a versión en PDF como se aínda non o liches, así o queiras para ter ou para agasallar, velaquí está a versión que non precisa enchufe nin batería.

Cun formato pensado para o transporte urbano e un prezo de só 10 euros (gastos de envío incluídos), mercalo na rede é tan doado como descargalo. Fai xa o teu pedido aquí.


A rotonda